Psicoloxía conmemora este venres a festividade do seu patrón
A Facultade de Psicoloxía conmemora este venres 22 a festividade do seu patrón Juan Huarte de San Juan cun acto académico que presidirá o reitor Juan Casares a partir das 12.00 horas no Salón de Actos deste centro compostelán. O reitor estará acompañada da decana da Facultade, Carolina Tinajero; e da do Colexio de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, así como dos integrantes do equipo decanal do centro, os vicedecanos Dámaso Rodríguez e Lucio Rodríguez e a secretaria Paula Villar. Na mesma sesión, o catedrático de Psicotapoloxía da Universidade de Oviedo Serafín Lemos Giráldez pronunciará a conferencia ‘Prevención e intervención psicolóxica na psicose’, o que dará paso á entrega de insignias aos premios extraordinarios de licenciatura e másteres a cargo da secretaria do centro. Deseguido, o vicedecano Mauro Rodríguez presentará a exposición de pósteres e artigos dos equipos de investigación da Facultade.