USC en Transición conciencia á comunidade universitaria sobre as consecuencias ambientais dos hábitos de consumo alimentarios

Os bolseiros e bolseiras da Oficina de Desenvolvemento Sostible de USC en Transición organizaron este martes unha actividade encamiñada a concienciar á comunidade universitaria sobre as consecuencias ambientais dos hábitos de consumo relacionados coa alimentación. As persoas que se achegaron á Facultade de Bioloxía tiveron de ocasión de participar nun xogo sobre residuos, degustar produtos de baixa pegada ecolóxica, que compararon coa de aperitivos convencionais, e facer as súas achegas sobre como mellorar o noso comportamento neste eido. Esta mesma actividade se desenvolverá na Facultade de Económicas o próximo día 14 de Marzo, en horario de mañá, polo que todos os que non puideron participar poden achegarse e degustar un auténtico Aperitivo Sostible.