Skip to main content
STG

Filoloxía falará a vindeira semana en hitita

A Área de Lingüística Indoeuropea organizará a vindeira semana un curso intensivo de iniciación á lingua hitita e á súa escritura en formato cuneiforme. Do 18 ao 22 de marzo, impartirá este curso o profesor da Universidade Técnica de Dresde Henning Marquardt, en horario de 16.00 a 19.00 horas na Sala 313 da Facultade de Filoloxía. Nas cinco xornadas previstas, o experto alemán fará unha introdución histórica para contextualizar as particularidades da lingua hitita e abordar a subdivisión das linguas na rexión de Anatolia e proseguirá analizando as etapas polas que pasou este idioma así como facendo unha catalogación dos sistema cuneiforme de escritura. O curso tamén prestará atención a cuestións relativas á fonoloxía e á morfoloxía e incluirá unha sesión de análise e comentario lingüístico dun texto de exemplo.

The contents of this page were updated on 03.15.2013.