Skip to main content
STG

Enredos matemáticos este sábado na Praza de Abastos

No marco da exposición RSME-IMAGINARY-Santiago –que se pode visitar ata o 16 de maio na Igrexa da Universidade–, a Facultade de Matemáticas da USC organiza para este sábado 20 unha orixinal actividade lúdica dirixida a todas as familia. Ás 12.00 horas ao pé da torre central do Mercado de Abastos o director de Efervesciencia da Radio Galega, Manuel Vicente, agardará a pequenos e grandes para acompañalos a resolver divertidos enredos. Ao tempo, ensinaralles o útil do coñecemento matemático na vida cotiá. Haberá tamén algunha que outra sorpresa nun evento no que tamén participa o neurocientífico e divulgador Casto Rivadulla.

The contents of this page were updated on 04.19.2013.