Un foro aborda o 10 en Relacións Laborais as mutuas de accidentes laborais e as enfermidades profesionais
A escola universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo celebrará o mércores 10 de abril unha xornada monográfica sobre a realidade e os cometidos das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Esta sesión, organizada polo centro universitario en colaboración con MC-Mutual, desenvolverase en quenda de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, no salón de graos da escola universitaria.
A xornada, que se desenvolve baixo o título ‘Qué é unha matepss? Tratamento administrativo do accidente de traballo e da enfermidade profesional’, contará como relatores co director de MC-Mutual de A Coruña, Luis Grien Díaz, e co adxunto á dirección de MC-Mutual de Lugo, Román Candales. Este seminario monográfico sobre mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais vai dirixido ao alumnado de Relacións Laborais, así como a resto da comunidade estudantil do campus de Lugo, ademais de organizacións empresariais e sindicais, avogados/as, graduados/as sociais e demais profesionais relacionadas coa materia ou interesados nesta.
Ao remate da sesión, todos os interesados que o soliciten recibirán un certificado acreditativo da súa participación nesta xornada. Para obter máis información pódese chamar a o número de teléfono 982.82.48.00.