Skip to main content
STG

A Cátedra Alejo Carpentier da USC organiza un seminario de literatura mexicana na Facultade de Humanidades

A Facultade de Humanidades do campus de Lugo acolle este luns, día 11 de novembro, un seminario de literatura mexicana dos séculos XX e XXI no que participan como relatores cinco profesores da Universidade Autónoma de Aguascalientes e da Universidade Autónoma de Campeche.

Esta actividade formativa e de carácter divulgativo, organizada pola Cátedra Alejo Carpentier da USC, continuará mañá, martes 12 de novembro, e o vindeiro día 3 de decembro con novas sesións expositivas na Facultade de Humanidades. O obxecto deste seminario, ao que están convidados os profesores Jorge Ávila Storer, Guadalupe Montoya, Ana Luisa Topete, Adán J. Brand Galindo e Kenia Gabriela Aubry, céntrase na análise de diferentes autores e temas da literatura mexicana, desde a novela da Revolución á actualidade. As distintas sesións programadas ao abeiro deste seminario sobre literatura mexicana desenvolveranse en quenda de mañá e estarán abertas a estudantes, pero tamén a todo o público interesado. Ao remata des exposicións, os distintos relatores establecerán un coloquio debate coas persoas asistentes.

The contents of this page were updated on 11.11.2013.