Skip to main content
STG

Dor e solidariedade na Universidade

Membros da comunidade universitaria, co reitor e membros do equipo de goberno, gardaron cinco minutos de silencio en sinal de respeto polas vítimas do accidente ferroviario do pasado día 24
Membros da comunidade universitaria, co reitor e membros do equipo de goberno, gardaron cinco minutos de silencio en sinal de respeto polas vítimas do accidente ferroviario do pasado día 24

Dor na Universidade polo tráxico accidente do tren á entrada en Santiago. O reitor da USC, Juan Casares quere transmitir o profundo pesar e solidariedade da Comunidade Universitaria cos familiares e amigos das vítimas do accidente ferroviario. A Universidade de Santiago de Compostela puxo ao dispor dos afectados e dos seus familiares as Residencias Universitarias. Na pasada noite ocupáronse 28 habitacións da Residencia Burgo das Nacións. As bandeiras da institución académica permenecerán a media hasta.

Ademais, os membros da comunidade universitaria concentráronse o venres 26 na praza do Obradoiro e nos respectivos centros de traballo dos campus de Santiago e Lugo para gardar cinco minutos de silencio en sinal de respecto e condolencia polas vítimas do accidente ferroviario do pasado día 24.

As bandeiras da institución académica ondean a media hasta Concentración diante da facultade de Farmacia

The contents of this page were updated on 07.25.2013.