Skip to main content
STG

Benvida ao novo alumnado de Económicas e Empresariais

Benvida ao novo alumnado de Económicas e Empresariais
Benvida ao novo alumnado de Económicas e Empresariais

O novo alumnado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago abarrotou esta semana a sala B para asistir á benvida que cada ano lles brinda o centro e na que interviñeron a decana Emilia Vázquez, o vicedecano de Estudantes, Alejandro Ballesteros, así como representantes de asociacións de alumnos. Alí non só se lles informou de aspectos a ter en conta no transcurso dos estudos, da organización interna da facultade, das infraestruturas ou dos recursos específicos para o estudantado, senón que se lles animou a participar activamente na vida universitaria facendo uso das distintas propostas culturais, deportivas, de voluntariado e actividades complementarias que oferta a USC.

The contents of this page were updated on 09.13.2013.