Skip to main content
STG

Acto de graduación dunha nova promoción de Matemáticas

Unha nova promoción do grao en Matemáticas conmemora este venres 7 a súa graduación nunha sesión académica que principiará ás 17.30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas. O reitor Juan Casares presidirá a sesión, na que tamén intervirán a decana Victoria Otero Espinar, e os padriños da promoción, María Purificación López López e Xosé María Masa Vázquez. Con anterioridade ao peche do acto, tomará a palabra unha representación do alumnado e procederase á entrega de diplomas conmemorativos.

The contents of this page were updated on 06.06.2013.