Skip to main content
STG

Comeza o período de horario extraordinario de apertura na Biblioteca Universitaria

Comeza o período de horario extraordinario de apertura na Biblioteca Universitaria
Comeza o período de horario extraordinario de apertura na Biblioteca Universitaria

A Biblioteca Universitaria (BUSC) inicia este mércores 2 de maio o horario extraordinario de apertura que se estenderá ata o próximo mes de xullo. É o período máis extenso do ano con este horario e ten por obxecto atender as necesidades do alumnado de titulacións de grao que comezan o período de exames a finais de maio, así como das de titulacións con planos antigos. Durante estes dous meses son tres bibliotecas, dúas en Santiago e unha en Lugo, as que abrirán en horario extraordinaria, de 8.30 a 03.00 horas. A Concepción Arenal e a Intercentros de Lugo permanecerán aberta ao público neste horario entre o 2 de maio e o 13 de xullo, mentres que a da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o estará ata o 29 de xuño. Nas fins de semana así como o día 17 de maio, o horario será de 10.00 a 3.00 horas. Do mesmo xeito, na fase final deste período de horario extraordinario, entre os días 2 e 13 de xullo, as bibliotecas Concepción Arenal e Intercentros de Lugo abrirán de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 3.00 horas.

The contents of this page were updated on 04.30.2012.