Conferencia en Química do profesor Lee Higham
O profesor Lee J Higham, da Universidade de Newcastle-Unpon-Tyne (Reino Unido), impartirá este venres, 1 de xuño, a conferencia 'Surprises in Primary Phospine Chemistry and Their Applications in Catalysis and Disease Imaging'. O relatorio, organizado polo doutoramento con Mención de Calidade ‘Química’ do Departamento de Química Orgánica, desenvolverase ás 12.00 horas na Aula Magna da Facultade de Química.