Skip to main content
STG

Unha delegación da National Taiwan University visita a USC

Unha delegación da National Taiwan University visita a USC
Unha delegación da National Taiwan University visita a USC
É a principal universidade da República de China

Unha delegación da National Taiwan University (NTU), a principal universidade da República de China, iniciou este martes 14 unha visita á USC co obxecto de avanzar na sinatura dun convenio marco de cooperación así como doutro de carácter específico para intercambio de alumnos. Esta delegación, á que recibiu o vicerreitor Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, encabézaa a catedrática de Filoloxía Hispánica e vicedecana do College of Liberal Arts, Shu-Ying Chang, quen ademais é autora de diversas traducións de literatura española ao chinés, entre elas La familia de Pascual Duarte. Explorar as posibilidades de colaboración académica coa Facultade de Filoloxía é outros dos aspectos que se trata nesta xuntanza na que tamén se lle mostrará á delegación chinesa os programas formativos e as instalacións de Cursos Internacionais. Pola súa banda, a delegación presentará o programa de ensino de chinés para estranxeiros da NTU. Logo dun primeiro contacto no Colexio de San Xerome, onde o vicerreitor Víctor Millet ofreceu unha recepción e a primeira xuntanza da xornada, a comitiva trasladouse á Facultade de Filoloxía, onde se reuniron coa vicedecana Mª José López Couso e coa directora do CLM, Katerina Vlasakova, e a Cursos Internacionais para rematar pola tarde cunha visita ao Patrimonio da Universidade. A USC está a traballar na apertura de relacións coa mellores universidades asiáticas, obxectivo ao que cumpre esta visita, así como unha ocasión inmellorable para establecer lazos con esta importante institución, tal e como sinalou Víctor Millet.

The contents of this page were updated on 02.14.2012.