Skip to main content
STG

O Foro de Emprego para alumnado de Física, Matemáticas e Informática 2012 abriu as súas postas este luns

O Foro de Emprego para alumnado de Física, Matemáticas e Informática abriu as súas postas estes luns 23 na Facultade de Matemáticas onde estará aberto ata o próximo mércores 25 de abril. Este foro é unha actividade que está dirixida a estudantes de últimos cursos e recén titulados das Licenciaturas de Físicas e Matemáticas e do Grao en Enxeñaría Informática. O alumnado dos últimos cursos das Licenciaturas que se inscriba poderá validar a súa asistencia ao programa do Foro cun crédito de libre configuración. Con esta iniciativa, se pretende afianzar un punto de encontro entre universitarios e universitarias das tres titulacións que buscan o seu primeiro emprego, e empresas que desexan incorporar aos e ás mellores profesionais, creando deste xeito mecanismos que faciliten a súa empregabilidade. Actualmente, xa teñen confirmada a súa presenza empresas e institucións como Coremain, Blusens Technology, Novagalicia, Cesga, Eures-Euroconsejero A Coruña, Everis, I.G.E., R, Tecnocom, Gradiant, Biostatech, Área de Valorización, Tranferencia e Emprendemento ou Escuela de Finanzas, ademais da vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua a través dos seus Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE). As empresas e entidades participantes no Foro farán as súas presentacións e o alumnado poderá achegarse cos seus currículos e coñecer de primeira man como son os procesos de selección, tendo así unha oportunidade de coñecer de primeira man o que as diversas firmas buscan nos candidatos.

The contents of this page were updated on 04.23.2012.