Skip to main content
STG

O Claustro Universitario debate este mércores os novos estatutos da institución

O Claustro Universitario reunirase este mércores 25 en sesión extraordinaria para debater e someter a aprobación os novos Estatutos da Universidade de Santiago. A xuntanza será ás 9.30 horas (primeira convocatoria) no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía. Na mesma sesión elixirase o novo valedor ou valedora da Comunidade Universitaria, toda vez que o actual, Florencio Arce, presente o seu informe correspondente aos cursos 2008-2009, 2009-2010 e 2010-2011.

The contents of this page were updated on 04.24.2012.