Skip to main content
STG

Xulio Xiz fala sobre os retos e oportunidades das empresas culturais na Facultade de Humanidades de Lugo

O xornalista achegará a súa experiencia emprendedora na creación de medios de comunicación, produtoras audiovisuais e plataformas dixitais de información

O periodista Xulio Xiz ofrece o martes 10, a partir das 18.00 horas, unha conferencia na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, baixo o título ‘Persuasión e empresa cultural. Innovación e difusión’. O relatorio estrutúrase a partir dun percorrido polo panorama actual das industrias culturais galegas, para rematar coa experiencia práctica dun dos proxectos desenvolvidos por Xulio Xiz: a posta en marcha de Televisión Lugo, a primeira canle televisiva local da capital lucense, no ano 1994. “As posibilidades de creación de novos proxectos no ámbito cultural nunca están pechadas, e menos nestes tempos de crise económica. Cada época xera as súas necesidades e as súas oportunidades, e hai que buscar o espazo no que aínda quedan cousas por facer; a suma de imaxinación e esforzo sempre atopa un modo de concretarse”, explica Xiz. Xulio Xiz (Vilalba, 1947), ademais de participar na creación de Televisión Lugo, é o director do portal de contidos informativos Galicia Dixital e da produtora audiovisual Ophiusa.

The contents of this page were updated on 04.09.2012.