Skip to main content
STG

A Facultade de Humanidades de Lugo organiza unha conferencia sobre a persuasión na fotografía

O relatorio do fotógrafo lucense Eduardo Ochoa pecha o ciclo ‘Fonmiñá’ coordinado polo centro

A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo pecha o seu ciclo de conferencias do grupo ‘ Fonmiñá’, organizado pola profesora Mª Áneles Rodríguez Fontela, cun relatorio sobre a persuasión na arte fotográfica. A cita é o martes 15 ás 19.00 horas no Salón de Graos do centro, e o encargado de impartir a conferencia será o fotógrafo lucense Eduardo R. Ochoa. Eduardo Ochoa é autor das fotografías que integran os libros Lugo Blues, Meta-relatos, Catro por Vinte, Vilalba, O Ouro Prerromano na Provincia de Lugo e Descubrir Lugo, entre outros, ademais de participar en múltiples exposicións en Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo, Madrid, Murcia ou Viana do Castelo; entre as súas principais exposicións individuais están: ‘Ecuacións’ (A Coruña, 1988), ‘Deriva’ (Ourense, 1999), ‘Miradas’ (Lugo, 2002) e ‘Arborescencias’ (Lugo, 2005).

The contents of this page were updated on 05.14.2012.