Skip to main content
STG

“Deixe de fumar antes de que remate o ano”

“Deixe de fumar antes de que remate o ano”
“Deixe de fumar antes de que remate o ano”
A Unidade de Tabaquismo da USC conta con programas efectivos para toda a sociedade

Pese a que nos últimos anos se está rexistrando un importante descenso no número de persoas fumadoras, son aínda 3 de cada 10 varóns e 2 de cada 10 mulleres os que teñen este hábito en España e que supón a primeira causa evitable de mortalidade na actualidade. Por esta razón, a Unidade de Tabaquismo da Facultade de Psicoloxía da USC lanza unha nova campaña na que convida a deixar de fumar antes de que remate o ano. Esta Unidade espacializada que dirixe o catedrático Elisardo Becoña posúe unha dilatada experiencia de case 30 anos nos que axudou a deixar o hábito a miles de persoas. Quen desexe participar nalgún dos seus programas ou solicitar información pode facelo a través do teléfono 881813939 ou no correo electrónico elisardo.becona [at] usc.es (elisardo[dot]becona[at]usc[dot]es). Motivos para deixalo O tabaco é causante da morte prematura de 50.000 persoas cada ano en España, das cales 10 morren a diario en Galicia. Esta é unha das razóns que esgrime a Unidade de Tabaquismo da USC para animar a deixar de fumar, pero hai máis: o aforro económico (alguén que fume un paquete diario de cigarros gasta en dez anos 15.000 euros) e a tranquilidade vital de rachar coa escravitude de depender dunha substancia que non se pode controlar.

O equipo de especialistas da USC advirte ademais de que por cada euro que en Galicia se recada co tabaco a Administración gasta dous polo seu custe sanitario e social. Por exemplo, en 2009 ingresáronse 475 millóns de euros polo imposto do tabaco pero gastáronse 987 para facer fronte aos gastos sociais e sanitarios das persoas fumadoras.

The contents of this page were updated on 11.08.2012.