Skip to main content
STG

O máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos utiliza o golf para mellorar o traballo en equipo

A actividade forma parte da formación práctica deste posgrao, que se imparte na Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo

O máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos, que desde hai case unha década se imparte na Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo en colaboración con E-scola, puxo en marcha novidoso un proxecto: un curso de iniciación ao golf no que participarán un grupo de traballadores dunha mesma empresa, neste caso a firma de outsourcing Abante BPO. Un total de 27 membros do cadro de persoal desta compañía, divididos en tres equipos, tomarán parte nun torneo que ten como obxectivo, segundo os seus organizadores “conseguir que as persoas que integran as organizacións aprecien o traballo en equipo, ao tempo que permite mellorar o coñecemento dos compañeiros, da organización e da comunicación interna na empresa”. A actividade terá lugar o sábado 15 no campo de golf El Pilar de Sarria, que prestou desinteresadamente o seu apoio a esta iniciativa, que forma parte das prácticas da área de xestión de recursos humanos deste máster.

The contents of this page were updated on 09.14.2012.