Skip to main content
STG

O Claustro Universitario debate este martes a programación plurianual da USC

Na xuntanza volven tratarse e someterse a aprobación os Estatutos da institución e o novo Valedor/a da Comunidade Universitaria

O Claustro Universitario reunirase este martes 2 en sesión ordinaria para debater e someter a aprobación a programación plurianual da USC para o período 2012-2014. A xuntanza será ás 9.30 horas (primeira convocatoria) no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía. Na mesma sesión volveranse tratar e someter a aprobación os Estatutos da institución e a elección do/a novo/a Valedor/a da Comunidade Universitaria toda vez que na pasada sesión do Claustro celebrada en abril non recibiran os votos necesarios. Para o posto de Valedor presentouse unha única candidatura, a do profesor do Departamento de Psicoloxía Social e Básica Miguel Alcaraz. Elección de representantes de comisións Por último, elixiranse os membros da mesa do Claustro e da comisión electoral central, os/as representantes do Claustro no Consello de Goberno e os/as integrantes das comisións de reclamacións, de organización docente, de investigación, de asuntos económicos, de actividades culturais, de asesoramento e axuda ao/á Valedor/a, de titulacións e programas de estudos, de desenvolvemento estatutario e de normalización lingüística.

The contents of this page were updated on 10.01.2012.