Skip to main content
STG

A Facultade de Humanidades de Lugo presenta un novo número da revista Evohé, elaborada polo seu alumnado

A publicación, nacida en 1997 e que vai xa polo número 23, inclúe colaboracións de arte, poesía, narrativa, ensaio e investigación

A Facultade de Humanidades de Lugo presenta un novo número da revista Evohé, editada polo seu alumnado e coordinado polas alumnas Cristina Fiaño e Sandra López. O acto terá lugar o xoves 4 de outubro ás 12.00 horas no Salón de Graos do centro, e nel participarán a decana, María Isabel González Rey, e un dos profesores do centro, o tamén escritor Claudio Rodríguez Fer, ao que neste número se lle dedica un especial da publicación co gallo do seu nomeamento como doutor honoris causa pola Universidade de Alta Bretaña en Rennes (Francia). Evohé. Revista Cultural do Campus de Lugo foi fundada polo alumnado da Facultade de Humanidades en 1997 para servir de lugar de encontro e expresión do estudantado universitario do campus lucense. Nestes quince anos de andaina publicáronse 23 números polos que pasaron que recollen as colaboracións de arte, poesía, narrativa, ensaio e investigación destas quince promocións de estudantes. Ademais, nestes tres lustros Evohé serviu como plataforma para realizar convenios, conferencias, recitais e encontros diversos, que evidenciaron a vitalidade da Facultade de Humanidades en particular e do Campus de Lugo en xeral.

The contents of this page were updated on 10.03.2012.