Skip to main content
STG

Catro estudantes de Farmacia da USC colócanse entre os cen mellores FIR de 2011

A USC foi unha das dez universidades –das 22 onde se imparten grados e licenciaturas de Farmacia- que logrou colocar aos seus estudantes entre os cen mellores Farmacéuticos Internos Residentes deste...
A USC foi unha das dez universidades –das 22 onde se imparten grados e licenciaturas de Farmacia- que logrou colocar aos seus estudantes entre os cen mellores Farmacéuticos Internos Residentes deste...

Un total de catro alumnos da Facultade de Farmacia lograron situarse entre os mellores Farmacéuticos Internos Residentes (FIR) nas probas correspondentes á convocatoria 2010/2011. Trátase dos estudantes Pedro Suárez Artime, que acadou o posto 33, María Laura Martínez López, o 51, Carlos Alberto Ferreira, o 54 e o 87 Dario López Barros. A USC foi unha das dez universidades –das 22 onde se imparten grados e licenciaturas de Farmacia- que logrou colocar aos seus estudantes entre os cen mellores Farmacéuticos Internos Residentes deste ano. O FIR é un programa de formación para adquirir as capacidades e as responsabilidades propias da especialidade, de forma tutelada e progresiva no tempo (de 2 a 4 anos segundo especialidade), en centros debidamente acreditados polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. O acceso a este programa de formación realízase a través dun concurso-oposición, no que o expediente académico conta un 10 por cento e o examen do FIR o 90 por cento. O exame FIR consta dun total de 250 preguntas tipo test, que se realiza nunha única xornada de 5 horas de duración, o mesmo día e á mesma hora en toda España. Os bos resultados académicos acadados polos alumnos de Farmacia veñen a sumarse aos alcanzados polos estudantes de Medicina. Concretamente, seis alumnos da facultade compostelá situáronse nos ránking dos cen primeiros médicos internos residentes

The contents of this page were updated on 03.04.2011.