Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

STG

Farmacia acolle o 1º Curso da Rede Iberoamericana de Novos Materiais para o Deseño de Sistemas Avanzados de Liberación de Fármacos

A rede ten como obxecto de estudo as enfermidades de alto impacto socioeconómico

Grupos de Arxentina, Brasil, Colombia, México, Portugal e de España, a través da Universidade de Santiago, danse cita a vindeira semana na Facultade de Farmacia da USC no 1º Curso da Rede Iberoamericana de Novos Materiais para o Deseño de Sistemas Avanzados de Liberación de Fármacos en Enfermidades de Alto Impacto Socioeconómico (RIMADEL). O obxectivo é crear unha plataforma de intercambio de coñecementos e recursos científicos e tecnolóxicos coa implicación de recoñecidos grupos de investigacións de carácter pluridisciplinar. Ademais, servirá tamén para conformar e consolidar unha rede de investigadores novos de alta calidade académica que constitúana segunda liña de investigadores en cada unha das institucións académicas dos países participantes. A apertura do curso terá lugar o próximo luns 14 ás 16.00 horas na Facultade de Farmacia da USC nun acto que contará coa presenza da decana do centro, Mª Isabel Sández; o director do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Ángel Concheiro; e o coordinador da Rede, A. Sosnik. Este último abrirá a quenda de intervencións falando sobre ‘Nanotecnoloxías aplicadas a enfermidades desatendidas’. A profesora Carmen Álvarez-Lorenzo falará deseguido sobre ‘Hidroxeles de ciclodextrinas’.

The contents of this page were updated on 11.11.2011.