Talía Teatro representa ‘Pelos na lingua’ na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Talía Teatro porá en escena este mércores 16 na USC a obra ‘Pelos na lingua’, unha actividade enmarcada na Quincena Cultural da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais organizada pola Comisión de Normalización Lingüística en colaboración coa de Actividades Complementarias á Docencia. A función será ás 12.00 h na aula A da Facultade. A comedia, que podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua representada nese mesmo centro en 2004, está estruturada en sketches cheos de humor e retranca que ao mesmo tempo intentan convidar á reflexión. Distintos autores e autoras galegas participaron na creación dos textos que interpretan Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez, baixo a dirección de Avelino González. Quincena cultural A Quincena cultural remata este semana coa proxección do filme documental ‘Inside Jorb’ o xoves ás 17.00 horas no salón de graos e un concerto de música tradicional galega o venres ás 14.30 horas na Aula A.