Skip to main content
STG

Un ciclo de conferencias axudará a descubrir os últimos achados arqueolóxicos en Lugo

Baixo o lema ‘¿Coñece vostede Lucus Augusti?’ nos meses de decembro e xaneiro próximos terá lugar en Lugo un ciclo de conferencias no que se presentarán os achados arqueolóxicos realizados na cidade dende 2003, ano no que se atopou o Mitreo inserto nunha domus cun grado de conservación sen igual na península ibérica. O ciclo presentarase en rolda de prensa este mércores 23, ás 13.00 horas na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo. Participan nela o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus, Pedro García Herradón; a decana da Facultade de Humanidades, Mª Isabel González Rey; e a profesora de Historia Antiga Mª Dolores Dopico Cainzos como coordinadora científica.

The contents of this page were updated on 11.22.2011.