Skip to main content
STG

Veterinaria e Química gradúan as súas últimas promocións

Os actos de licenciatura teñen lugar ás 11:00 horas en Lugo e ás 18:00 horas en Santiago

A USC acolle este sábado, 30 de abril, sendos actos académicos licenciatura. Trátase da graduación da promoción 2006-2011 da Facultade de Veterinaria (Lugo) e da XIII promoción da Facultade de Química (Santiago). Os actos terán lugar pola mañá no campus lucense e pola tarde no compostelán e, en ambos casos, estarán presididos polo reitor da USC, Juan Casares Long. O acto académico de licenciatura de Veterinaria terá lugar no Auditorio Enrique A. González García da facultade, a partir das 11:00 horas. A madriña da promoción, a profesora Patricia Fernández de Trocóniz será a encargada de abrir a quenda de intervencións tras a benvida do reitor, que abrirá o acto. A continuación, o veterinario e escritor Gonzalo Giner pronunciará unha conferencia , tras o que Xoán Antón Péon, delegado veterinario de Pfizer Salud, dirixirase aos asistentes. Os licenciados recibirán do Xuramento do Médico Veterinario, do silatoy veterinario e do ‘Manual de Electrocardiografía en la clínica del perro y el gato’. Os alumnos interpretarán unha peza titulada Vaca, Vaca (This Time For Veterinary), unha obra musical baseada no éxito de Shakira Waka, Waka. O reitor pechará o acto, tras a intervención da decana da facultade, a vicepresidenta segunda de Deputación e o presidente do Colexio de Veterinarios de Pontevedra. Química Pola tarde, Juan Casares presidirá o acto de celebración da finalización de estudos da XIII promoción de licenciados en Química. Será ás 18:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química de Santiago. No transcurso do acto intervirán Silvia Fernández Abad e Jaime Fernández Casado en representación dos alumnos que se gradúan e os padriños e profesores, José Manuel Vila Abad e Carmen García Jares. O vogal da xunta directiva da Asociación de Antiguos Alumnos e Amigos da USC, Alberto Arce; o decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Antonio Macho e o decano da facultade, Ramón José Estévez, completan a quenda de intervención. Tras a entrega de insignias e diplomas aos alumnos da licenciatura, Juan Casares pechará o acto académico.

The contents of this page were updated on 04.29.2011.