Filoloxía celebra o acto de licenciatura das súas titulacións
O reitor Juan Casares presidirá este venres 29 a partir das 18:00 horas o acto de licenciatura dunha nova promoción das titulacións que acolle a Facultade de Filoloxía compostelá. O acto comezará cunha quenda de intervencións na que tomarán a palabra os padriños e madriñas das diversas titulacións, Elisabeth Graf, por Filoloxía Alemá; Juan José Moralejo, Cecilia Criado e José Virgilio García Trabazo, de Filoloxía Clásica; Mª Teresa García-Sabell, madriña de Filoloxía Francesa; Xosé L. Regueira, padriño da Galega; Antonio Azaustre, da Hispánica; e Juan Carlos Acuña e Belén Méndez, da de Filoloxía Inglesa. O seguinte punto da orde do día será a intervención dos representantes do alumnado, ao que se seguirá a entrega de diplomas conmemorativos da graduación. Para finalizar tomarán a palabra a vicedecana do centro, Mª José López Couso, e o reitor compostelán.