Skip to main content
STG

I Seminario Internacional ‘Taller de Edicións’ examina os textos de Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós

O reitor, Juan Casares, presidiu a inauguración das xornadas. Foto Alfonso
O reitor, Juan Casares, presidiu a inauguración das xornadas. Foto Alfonso
O obradoiro celebrase ata este venres 29 na Facultade de Filoloxía

O I Seminario Internacional ‘Taller de Edicións’, que se celebra baixo lema ‘Editar e anotar textos de Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós, arrincou este xoves na Facultade de Filoloxía. O acto de inauguración estivo presidido polo reitor da USC, Juan Casares, e contou tamén coa presenza da vicedecana do centro, María José López, e o director do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Santiago Fernández e José Manuel González Herrán en representación do comité organizador. Ao longo das xornadas deste xoves e venres expertos das universidades de Barcelona, Coimbra, Pau, Alicante, Vigo e a USC analizan diferentes aspectos sobre a edición e as variantes textuais das obras de ambos escritores. Será nun total de cinco sesións, cada unha das cales compoñerase de dous relatorios e un debate posterior. A primeira delas tivo como protagonistas a os profesores Antonio Apolinário e José Manuel González, que falaron sobre o realismo decimonónico en Portugal e as variantes nos contos de Pardo Bazán, respectivamente. O resto das sesións celebradas o xoves, analizaron a edición do teatro na novelista coruñesa e varios capítulos de volumes de Pérez Galdós. O programa previsto para a xornada do venres, 29 de abril, divídese en dúas sesións. Profesoras das universidades de Barcelona e Pau analizarán dende diversas perspectivas os textos e documentos de ambos escritores. O seminario concluirá ás 13:30 horas coa exposición das conclusións.

The contents of this page were updated on 04.28.2011.