Acto fin de carreira dunha nova promoción da Licenciatura en Economía
O reitor Juan Casares presidirá este sábado 2 de abril o acto fin de carreira dunha nova promoción da Licenciatura en Economía, nun acto que vai comezar ás 18:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, e que contará coa asistencia en calidade de padriño da promoción do ministro de Fomento, José Blanco. A sesión comezará coa intervención de Tamara Porteiro e Javier Fernández en representación do alumnado, ao que lle seguirá o profesor José Duro representando ao cadro docente. A continuación, intervirán o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Roberto Pereira; a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, María Emilia Vázquez Rozas; e o ministro de Fomento, José Blanco, como padriño da promoción. Tras a entrega de diplomas aos alumnos que se gradúan, clausurará o acto o reitor compostelán.