Skip to main content
STG

Preséntanse a décimo sexta edición das Xornadas de Enfermaría en Lugo

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, a directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, Asunción Núñez Magdalena, e a presidenta do Colexio de Enfermaría, Lourdes Bermello López, presentan este martes 5 de abril as XVI Xornadas de Enfermaría que se celebrarán na cidade de Lugo o 7 e o 8 de abril. Organizadas pola Escola Universitaria de Enfermaría do Campus de Lugo e polo Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, están consideradas de Interese Sanitario e nesta ocasión dedicaranse ás Enfermidades Crónicas.

A rolda de prensa de presentación das actividades vinculadas ás Xornadas terá lugar no Salón de Graos do Complexo Docente do Campus de Lugo ás 11:30 horas.

The contents of this page were updated on 04.04.2011.