Skip to main content
STG

Comeza un obradoiro que analiza os avances recentes na modelización matemática da combustión e a súa directa aplicación industrial

Comeza un obradoiro que analiza os avances recentes na modelización matemática da combustión e a súa directa aplicación industrial

O Workshop on Mathematical Modelling of Combustion celebrarase o vindeiro luns 23 no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas da USC coa pretensión de establecer un foro de discusión arredor dos avances recentes na modelización matemática da combustión e a súa directa aplicación industrial. Este encontro internacional arrancará ás 9:30 horas nun acto presidido polo reitor Juan Casares, no que tamén intervirán a decana deste centro compostelán, Mª Victoria Otero; os profesores Alfredo Bermúdez de Castro e José Luis Ferrín; e o presidente da Sección Española do Instituto de Combustión, Amable Liñán. Especialistas procedentes de diversos países e profesionais relacionados directamente coa industria buscarán aplicacións que requiran do desenvolvemento e a resolución de modelos de combustión. Ao longo deste encontro mostraranse tamén algunhas das instalacións existentes na actualidade que poderán ser utilizadas para a validación destes modelos. En conxunto, o encontro permitirá abrir novas vías de investigación, tendo en conta a demanda industrial actual, así como iniciar ou continuar relacións de colaboración entre as diferentes institucións e axentes participantes neste obraodoiro.

Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á paxina web do encontro: http://mathematica.nodo.cesga.es/content/view/259/37/.

The contents of this page were updated on 11.18.2020.