Preto dunha vintena de empresas e organismos participarán no Foro de Emprego para Matemáticos, Físico e Informáticos
O Foro de Emprego para Matemáticos, Físicos e Informáticos celebrarase a vindeira semana, entre os días 9 e 11 na Facultade de Matemáticas, dirixido aos alumnos dos últimos anos e recoñecido como unha actividade validable por un crédito de libre configuración. Ademais, ao longo destes días, algunhas empresas realizarán probas de selección e entrevistas de traballo, recollendo currículos dos asistentes que desexen entregalo. A persoas que desexen participar neste Foro, poden formalizar a súa inscrición na Secretaría da Facultade de Matemáticas ata o próximo luns 9. A responsable académica desta iniciativa é a profesora Mª Victoria Otero Espinar, decana do centro. No evento daranse cita preto dunha vintena de empresas e organismos, entre os que se atopan Altia Consultores, a Área de Orientación Laboral da USC, Blusens Technology, Cesga, Coreman, Coritel, a Dirección Xeral de Promoción de Emprego, Eures-Euroconsejero A Coruña, Everis, Ferroatlántica I+D, Gradiant, IGE, Novacaixagalicia, D. Pablo Fernández Ascariz, R, Tecnocom, Uniemprende, e os másteres en Matemáticas, Física e Profesorado.