Skip to main content
STG

Enfermaría acolle o mércores o acto de recepción e clausura de residentes matronas

Os residentes da Especialidade de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona) asisten este mércores 18 ao acto de recepción e clausura que se desenvolverá ás 13.00 horas no Salón de Actos da Escola Universitaria de Enfermaría de Santiago presidido pola vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao da USC, Eva Castro Caridad. Á cerimonia asisten ademais a directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Santiago e presidenta da Comisión de Docencia da Unidade Docente de Galicia da Especialidade de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona), María Jesús Núñez Iglesias; a xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela, Rosa Bermejo Pareja; o comisionado para Ciencias da Saúde da USC e xefe do Servizo de Obstetricia do CHUS, Manuel Macía Cortiñas; o xefe do Servizo de Integración Asistencial do Servizo Galego de Saúde, Luis Arantón Areosa; e a directora de Enfermaría do CHUS, María Jesús Alcázar Verde.

The contents of this page were updated on 05.16.2011.