Skip to main content
STG

Nova edición do curso que analiza a cuestión medioambiental en Galicia

‘O medioambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar’ é o título do curso de verán que entre os días 18 e 21 de xullo se desenvolverá na Aula Magna da Facultade de Química baixo a dirección de José Manuel Vila Abad e Susana López Estévez. Os problemas ambientais de Galicia, a xestión e tratamento de residuos urbanos e industriais, as funcións do Seprona, a xestión integral da auga e o Programa de Control de Calidade do Medio Mariño serán os principais temas a tratar neste curso que ademais inclúe visitas ao Complexo Medioambiental do Barbanza, ao Proxecto de Rexeneración Ambiental do Monte da Illa da Toxa e ao do Istmo da Lanzada. Entre os relatores figuran expertos universitarios así como persoal técnico da Xunta de Galicia, do Seprona, do mundo empresarial e do científico-tecnolóxico. Na derradeira xornada os docentes e investigadores José Manuel Vila Abad, Susana López Estévez e Mª Teresa Pereira Lorenzo impartirán un taller de medioambiente.

The contents of this page were updated on 06.29.2011.