Skip to main content
STG

Intensa xornada de traballo este sábado na Facultade de Matemáticas

Máis de cen participantes, entre os que se atopaba profesorado de matemáticas e física de colexios de Educación Infantil e Primaria, institutos de Educación Secundaria, universidades e estudantes, asistiron á xornada dedicada á presentación de GeoGebra 4 e do Proxecto Gauss en Galicia organizada pola Facultade de Matemáticas en colaboración co Instituto de GeoGebra de Galicia de AGAPEMA. O catedrático de Matemáticas de Educación Secundaria e asesor técnico docente no Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE) do Ministerio de Educación, José Luis Álvarez García, explicou no acto as particularidades de GeoGebra, unha ferramenta de gran utilidade para o uso nas aulas. Álvarez, coautor dos materiais didácticos do Proxecto Gauss no ITE, explicou que este recurso -que se atopa libre en internet- constitúe unha boa axuda para desenvolver contidos matemáticos en todos os niveis do ensino e unha forma diferente e creativa de ensinar e aprender matemáticas. Olimpíada e Estalmat Mentres tanto, nas aulas contiguas alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato participaban na Fase Autonómica da XLVIII Olimpíada Matemática Española e os estudantes de ESTALMAT participaban, á par que todos os equipos de España, nunha actividade do programa.

The contents of this page were updated on 12.19.2011.