Skip to main content
STG

Psicoloxía acollerá en decembro talleres de control de estrés e ansiedade

Dirixidos ao público xeral, a Unidade de Trastornos Depresivos da Facultade de Psicoloxía organiza ao longo de decembro talleres de Control do Estrés e a Ansiedade. A data límite para formalizar a inscrición remata o próximo luns 5. O seu desenvolvemento consistirá nun total de catro sesións grupais nas que as persoas que se inscriban aprenderán estratexias para enfrontarse á tensión que experimentan na súa vida cotiá. Para acadar máis información, o público interesado pode dirixirse á paxina web da Unidade (http://www.usc.es/utdepre) ou poñerse en contacto por correo electrónico nos enderezos vanessa.blanco [at] usc.es (vanessa[dot]blanco[at]usc[dot]es) ou fernandolino.vazquez [at] usc.es (fernandolino[dot]vazquez[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 12.01.2011.