Skip to main content
STG

Comezan os cursos de creación literaria e de habilidades interpersoais da Asociación de Antigos Alumnos

O segundo curso de iniciación á creación literaria e o básico en habilidades interpersoais, organizados pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC) e enmarcados no programa de Formación Continua da USC, darán comezo este martes 16.
O de creación literaria, que dirixe a profesora Blanca A. Roig, conta ademais coa participación de Marta Neira e a escritora Luisa Castro. Desenvolverase ata abril na Facultade de Ciencias da Educación e na Biblioteca Municipal Ánxel Casal.
Pola súa banda, o curso de comunicación interpersoal diríxeo Carolina Tinajero ata o 25 de maio na Facultade de Psicoloxía.

The contents of this page were updated on 03.15.2010.