Preséntase en Lugo o VI Curso de Primavera da Facultade de Humanidades
Os representantes das cinco institucións que conforman Lugo Cultural, a USC, a Delegación Provincial da Consellaría de Cultura, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán este martes 6 ás 11:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus lugués a sexta edición do Curso de Primavera da Facultade de Humanidades, que leva por título ‘De Roma a Santiago: camiños da historia, legado cultural’ e que se desenvolverá a partires do 21 deste mes.
Na presentación estarán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; a concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez; e o xerente da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez. Asistirán tamén o decano da Facultade de Humanidades, Alexandre Veiga; e os profesores que coordinan o curso, Jesús Varela Zapata e María Montes.