Skip to main content
STG

Acto de recepción e clausura de residentes da Especialidade de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona)

Os residentes da Especialidade de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona) remataron o seu período formativo cun acto en Fonseca
Os residentes da Especialidade de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona) remataron o seu período formativo cun acto en Fonseca

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle este xoves, 20 de maio, ás 12.00 horas o acto de recepción e clausura de residentes da Especialidade de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona), que presidirá a vicerreitora de Calidade e Planificación da USC, María Dolores Álvarez Pérez.
Ao acto asisten ademais a directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Santiago e presidenta da Comisión de Docencia da Unidade Docente de Galicia da Especialidade de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona), María Jesús Núñez Iglesias; a subdirectora xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial do Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia, Mercedes Carreras Viñas; a directora de Enfermaría do CHUS, Mercedes Carreras Viñas; e o secretario da Escola Universitaria de Enfermaría, Carlos Fernández González.

The contents of this page were updated on 05.19.2010.