Skip to main content
STG

Un curso estival analiza de xeito multidisciplinar o estado do medio ambiente en Galicia

Cambio climático e cidadanía, as súas evidencias e grao de impacto, respostas educativas ao cambio climático ou a contaminación atmosférica en Galicia son algunhas das cuestións que se van debater no desenvolvemento do curso ‘O medio ambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar’. Cunha carga lectiva de 30 horas, o curso celebrarase entre os días 19 e 22 de xullo na Aula Magna da Facultade de Química baixo a dirección de Susana López Estévez e José Manuel Vila.

Xunto á intervención de expertos universitarios, responsables da administración e expertos de institucións e empresas, o curso ofrece no seu programa unha visita á Central Térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez para avaliar medidas preventivas medioambientais e a celebración de diversos talleres sobre medioambiente.

The contents of this page were updated on 07.02.2010.