Skip to main content
STG

Publican no ‘Jounal of Virology’ un artigo que profunda na estrutura e función das fibras adenovirais

Estructura do dominio de galectina do adenovirus porcino tipo 4
Estructura do dominio de galectina do adenovirus porcino tipo 4

A revista Journal of Virology acaba de publicar un artigo sobre a fibra do adenovirus porcino e súas aplicacións médicas, realizado a partir da tese de doutoramento de Pablo Guardado Calvo defendida na Facultade de Farmacia o pasado mes de abril. No texto descríbese a estrutura de dous dominios da fibra do adenovirus porcino con posibles aplicacións no eido dos tratamentos xenéticos. O artigo reviste grande actualidade ao estudar a estrutura e función das fibras adenovirais. Estes, os adenovirus, son os vectores virais máis utilizados na terapia xénica e as súas fibras os intermediarios na interacción inicial coa célula hospede. De xeito específico, e segundo se recolle no traballo de investigación, a fibra do adenovirus porcino tipo 4 é a única coñecida con dominio de galectina, capaz de dirixir o adenovirus porcino a azucres específicos da superficie de certas células, propiedade esta que os investigadores consideran que serviría para dirixir vectores de terapia avanzada. Ábrese, por tanto, a posibilidade de incorporar estes dominios a vectores de terapia xénica e de realizar variantes que unan especificamente azucres expresados na superficie de células de tumores.

Na sinatura do artigo publicado por Journal of Virology colaboran investigadores das universidades de Santiago e Alabama (EEUU), do Instituto de Bioloxía Molecular de Barcelona (CSIC) e do Instituto de Bioloxía Estrutural (Grenoble, Francia).

The contents of this page were updated on 09.24.2010.