Skip to main content
STG

Preséntase en Farmacia o curso de ‘Innovación 360º’ da Fundación da Innovación de Bankinter

O Salón de Graos da Facultade de Farmacia da USC acolle este xoves 23 ás 16:00 horas a presentación do curso de Innovación 360º da Fundación da Innovación de Bankinter. Incluído no proxecto Akademia-USC e do convenio de colaboración vixente entre a institución compostelá e a Fundación, este curso se basea nun método de ensino innovador, en formato integramente dixital, orientado á innovación do capital intelectual. O seu obxectivo é axudar a desenvolver as habilidades en innovación do estudantado, sensibilizando a este colectivo sobre a importancia da innovación como unha actitude necesaria para acadar vantaxes competitivas sostibles nas organizacións.

Os promotores da iniciativa procuran deste xeito estimular unha actitude proactiva en innovación e espertar o espírito emprendedor, proporcionando unha visión global da innovación, facilitando o acceso a novas tecnoloxías como un medio natural e próximo e fomentando a xestación e adaptación ao cambio.

The contents of this page were updated on 09.22.2010.