A Facultade de Farmacia elixiu decana á profesora Isabel Sández
A profesora Isabel Sández Macho acaba de ser elixida decana da Facultade de Farmacia, cargo que xa ostentaba en funcións ata á celebración deste proceso electoral. Nunha Xunta de centro extraordinaria celebrada esta semana, a única candidata presentada obtivo o 71,05 por cento de votos positivos sobre o total de emitidos. O novos equipo estará conformado ademais pola profesora Paz García Martínez como vicedecana de Organización/Coordinación Docente e Alumnos, José Ángel Fontenla Gil ocupando o vicedecanato de Calidade e Relacións Exteriores e por Perfecto Paseiro Losada como secretario do centro. Tanto a profesora Sández como os profesores Fontenla e Paseiro xa formaban parte do anterior equipo de dirección do centro encabezado polo ex decano Juan José Torres Labandeira.