Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

STG

Un curso en Psicoloxía actualizará os últimos avances en materia de violencia de xénero

A Unidade de Psicoloxía Forense da USC xunto coa Asociación Galega de Psicoloxía e Lei, a Sociedad Española de Psicología Jurídica y Forense e o grupo PS1 da Universidade de Vigo organizan unhas xornadas de actualización profesional no eido da violencia de xénero. O encontro celebrarase entre os días 7 e 10 de xullo na Facultade de Psicoloxía da USC. Esta proposta formativa, recoñecida cun crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC, procura un tratamento integral e multidisciplinar da violencia de xénero, dende o punto de vista particular da atención á vítima e a intervención co agresor. A partir deste enfoque pretende operar como espazo de debate sobre a temática contando coas de todos os colectivos e profesionais implicados. As persoas interesadas atoparán ao longo dos catro de días que dura o curso diferentes achegas nas que se fará unha análise xurídica da Lei de violencia de xénero e se debaterá sobre a intervención con maltratadores, xa sexa en prisión ou en liberadade, e coas vítimas, profundando tamén nos avances neste eido e noutros aspectos como os factores psicosociais desta manifestación violenta, a avaliación psicopatolóxica ou a proba pericial psicolóxica neste contexto.

As intervencións programadas corresponderán a expertos universitarios procedentes das universidades de Barcelona, Vigo, Murcia, Granada e Oviedo, e a profesionais do ámbito da Xustiza, da psicoloxía clínica, da administración estatal e de consultoras especializadas neste ámbito.

The contents of this page were updated on 06.29.2010.