Skip to main content
STG

Presentación das XIV Xornadas Internacionais de Enfermaría en Lugo

A Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo presenta este martes 24 as décimo cuartas Xornadas Internacionais de Enfermaría que, baixo o titulo ‘O continuum: Muller, embarazo, neno’, se celebrarán no Auditorio da Facultade de Veterinaria o 26 e 27 de marzo.
Asistirán ao acto de presentación, previsto para as 12:30 horas no Salón de Graos de Enfermaría, o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, o director da Escola Universitaria de Enfermaría, José Luis Díaz, e o presidente do Colexio de Enfermaría, Miguel Fernández.

The contents of this page were updated on 03.23.2009.