Skip to main content
STG

Químicos dende hai medio século

A promoción de licenciados en Química hai medio século pola Universidade de Santiago de Compostela reuniuse este venres na Facultade para lembrar o seu paso pola institución alá por finais do anos 50.
O acto desenvolveuse na Facultade de Química e nel interviron o reitor Senén Barro e o decano do centro, Ramón Estévez. O eixo da celebración foi a conferencia do profesor Manuel Matías Torres Pacios sobre a evolución da química agrícola ao longo da historia que leu no seu lugar o profesor Manuel Torres Labandeira

The contents of this page were updated on 06.05.2009.