Skip to main content
STG

O Congreso Internacional sobre Creación de Spin-offs Universitarios analiza na súa novena edición o ecoemprendemento e as redes sociais

‘O ecoemprendemento e as redes sociais’ é o lema baixo o que se vai celebrar os días 29 e 30 de xuño na Aula Magna da Facultade de Química a novena edición do Congreso Internacional sobre Creación de Spin-offs Universitarios.
Coordinado polo programa de fomento da cultura emprendedora Uniemprende, o congreso ofrecerá aos participantes a oportunidade de discutir e intercambiar experiencias e boas prácticas sobre a transferencia de coñecemento, a creación e aceleración de spinf-offs e a internacionalización da terceira misión.
As intervencións programadas propiciarán un intercambio de visións e puntos de vista entre os axentes implicados, de tal xeito que se profundará na visión académica da terceira misión, ao tempo que se poderá coñecer o punto de vista do inversor nas redes sociais, a perspectiva da empresa de base tecnolóxica e coñecerase o alcance do proceso de internacionalización da terceira misión.

The contents of this page were updated on 06.18.2009.