Skip to main content
STG

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebra a súa XIV asemblea xeral

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebrará este venres 19 a súa XIV asemblea xeral ordinaria nun acto ao que, ás 19:00 horas no Hotel AC Palacio do Carme, asisten o presidente do Consello Social, Manuel Puga, e o presidente e vicepresidente da Asociación, Perfecto Yebra e José M. Gándara, respectivamente.
Ao remate da xuntanza, o catedrático da Facultade de Química da USC Manuel Bermejo Patiño pronunciará a conferencia ‘Rodríguez Cadarso, un reitor para un país’. Deseguido, ás 20:30 horas, farase entrega do III Premio de Relato Curto ao gañador desta edición, Manuel Martínez Pérez. O relato, que leva por título ‘Una locura de amor’ céntrase na vida de Las dos Marías.

The contents of this page were updated on 06.18.2009.