Skip to main content
STG

A festividade de San Alberte Magno celébrase este venres na Facultade de Química

As facultades de Ciencias, Física, Química, Bioloxía e Matemáticas celebrarán este venres 13 a festividade do seu patrón San Alberte Magno nun acto protocolario que terá lugar na Aula Magna da Facultade de Química a partir das 11:30 horas.
Baixo a presidencia do reitor Senén Barro, xunto a el estarán presentes na sesión os decanos Francisco Fraga, Mª Ángeles López Agüera, Ramón Estévez, Jaime Gómez Márquez e Mª Victoria Otero Espinar. Completando o programa do acto, o doutor Marcos Martinón-Torres encargarase de pronunciar a conferencia ‘San Alberte Magno e a pedra filosofal: arqueoloxía, superstición e ciencia na universidade’.

The contents of this page were updated on 11.12.2009.