Skip to main content
STG

Pecha o prazo de inscrición das xornadas 'Xuventude, lecer e participación social'

Desenvolveranse do 17 ao 19 de abril en Humanidades de Lugo

O Servizo de Participación e Integración Universitaria pecha este mércores 15 o prazo de inscrición nas xornadas ‘Xuventude, Lecer e Participación Social’, que comezarán na Facultade de Humanidades de Lugo o 17 de abril. As persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula nas oficinas que o Servizo ten no Edificio da Biblioteca Intercentros.
As sesións están orientadas a todas aquelas persoas que traballen en calquera ámbito vinculado coa xuventude e o tempo libre e que queiran completar a súa formación. Durante tres días, os estudantes e titulados interesados poderán coñecer as múltiples actividades que se desenvolven no tempo de lecer coa xuventude. As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición ata completárense.
Estas xornadas están incluídas dentro do programa de Formación do Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, e contan coa participación da Fundación Juan Soñador, Aspnais, Cogami, Ateibo, Down-Lugo, Cáritas Diocesana, Valponasca, Fundación Secretariado Xitano, todas elas entidades membros da Rede Lucense de Voluntariado.

The contents of this page were updated on 04.14.2009.