Skip to main content
STG

Faleceu o catedrático Francisco Orallo

O catedrático de Farmacoloxía da USC, Francisco Orallo Cambeiro, faleceu este xoves en Compostela aos 51 anos interrompendo unha destacada traxectoria docente, investigadora e persoal.
Foi investigador principal de distintos proxectos de investigación, autor de numerosas comunicacións en revistas especializadas de recoñecido prestixio internacional e director de nove teses de doutoramento. Ademais era referee de distintas revistas de Farmacoloxía de recoñecida calidade científica e avaliador de proxectos de investigación na área de Farmacoloxía e Fisioloxía da ANECA.
A súa traxectoria académica valeulle diversos galardóns como o Premio da Sociedade Española de Química Terapéutica, o de Investigación da Xunta de Galicia en Ciencias da Saúde ou o Premio Nacional de Farmacoloxía, entre outros.

The contents of this page were updated on 12.11.2009.